RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos no Dépor Training Center

DÉPOR · 26 OUTUBRO 2026

ADESTRAMENTO EN GRUPOS ESTE LUNS 26 DE OUTUBRO PARA OS NOSOS NO DÉPOR TRAINING CENTER

O Dépor arrincou este luns 26 de outubro unha longa semana de competición, con Copa del Rey o xoves 29 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga) en Ourense ante o Auriense CA e con liga o luns 2 de novembro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR ante o CA Osasuna.O corpo técnico blanquiazul dispuxo varios grupos nunha mañá con nubes e claros, pero con boa temperatura.Os titulares o pasado sábado 24 no Estadio Riyadh Air Metropolitano ante o Atlético de Madrid fixeron unicamente a activación e pasaron a tarefas de recuperación física con carreiras, ximnasio e fisioterapia.

luismi1026.jpg

Para os demais membros do cadro, incluídos os canteiráns Kevin, Rubén López e Noé, a xornada foi de alta intensidade, cun xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido.Mentres, Aubameyang, Marc Casadó, Eddahchouri e Bright Ede continúan cos seus procesos de recuperación supervisados polo readaptador, Fernando Rodríguez.Ademais dos dous partidos anteriormente citados, haberá un total de 6 sesións de traballo matinais con esta planificación:Luns 26 de outubro10:30 h.Martes 27 de outubro10:30 h.Mércores 28 de outubro10:30 h.Xoves 29 de outubro21:00: Auriense CA - Deportivo, en O Couto (Copa del Rey)Venres 30 de outubro12:00Sábado 31 de outubro10:30 h.Domingo 1 de novembro10:30 h.Luns 2 de novembro21:00: Deportivo - CA Osasuna, en ABANCA-RIAZOR

  • lucasnoubi1026.jpg
  • ximonavarro1026.jpg
  • loureiro1026.jpg
  • quagliata1026.jpg
  • ferllo1026.jpg