RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Alavés "orgulloso do traballo das xogadoras no día a día"

DÉPOR ABANCA · 26 OUTUBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ MÓSTRASE TRAS O TRIUNFO ANTE O DEPORTIVO ALAVÉS "ORGULLOSO DO TRABALLO DAS XOGADORAS NO DÍA A DÍA"

Despois do triunfo ante o Deportivo Alavés, Alberto Rodríguez mostrouse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "moi feliz" polas xogadoras, á vez que "moi orgulloso do traballo, non só do que fixeron hoxe (por onte), senón do que están a facer no día a día. A seguir, que queda moitísimo".O técnico deportivista lembra que "fóra da casa, a nivel de puntos, estabamos ben. En ABANCA-RIAZOR estabamos a facer bos partidos. Se o partido acaba 0-1, con todo o que fixemos, estariamos fodidísimos e fodidísimas. E estes 2 goles danche un plus. Fomos quen de atopar eses camiños dentro da área que noutros partidos nos estaba custando máis e de ir abrindo pouco a pouco eses espazos, algo moi difícil ante o Alavés porque é un equipo que se manexa neses marcadores curtos".Preguntado por Ana Seoane, a gardameta debutante máis nova da historia da Liga F, apuntou que o equipo non cambiou nada respecto ao plan de partido tras confirmarse a súa titularidade: "Gústanos o proceso de adestramento para que as xogadoras estean preparadas. Quizais lle tocou un chisco antes do que ela esperaba, pero o traballo estaba a ser bo, así que non estaba nervioso por esta situación, senón máis ben porque o equipo non perdese o foco do que queriamos que fose o partido".Finalmente, Alberto Rodríguez confesou non ter visto a clasificación da Liga F, aínda que "obviamente teño en conta os puntos e que todo está moi igualado. Esta é a miña terceira temporada, noutro rol, na Liga F e parecía que os bloques estaban máis marcados. Este ano non gañas un partido e méteste abaixo. Gañas un e parece que te podes enganchar a ese bloque, quitando un pouco ao Barça".Por conseguinte, insiste en que "queda moitísimo para acadar os primeiros obxectivos. Hai que seguir sumando e que isto non nos cegue excesivamente nesta euforia que temos agora".

Real Club Deportivo de A Coruña