
DÉPOR · 27 OUTUBRO 2026
PIERRE-EMERICK AUBAMEYANG COMEZOU ESTE MARTES 27 A FACER ALGUNHAS TAREFAS CO GRUPO
Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 de outubro a realizar tarefas co grupo na sesión matinal no Dépor Training Center, baixo unha persistente poalla.O dianteiro deportivista completou a primeira parte do adestramento cos seus compañeiros e, a continuación, seguiu o seu plan específico co readaptador, Nando Rodríguez.Antonio Hidalgo dispuxo unha sesión táctica no campo 2, ademais dun xogo de posición e dunha tarefa de finalizacións, a 48 horas de visitar o Auriense CA na primeira rolda da Copa del Rey, este xoves 29 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) no estadio ourensán de O Couto.O técnico deportivista insiste en que as boas sensacións que o equipo ofrece en todos os partidos sirvan de base para seguir construíndo, nunca para conformarse.

De feito, o Dépor xerou máis perigo ofensivo que o Atlético de Madrid no encontro, malia non poder sumar puntos. O conxunto branquiazul rexistrou un valor de goles esperados (xG) de 1,68, por riba do 1,41 do seu rival, e foi o único equipo da xornada que perdeu despois de xerar máis ocasións de gol que o adversario.Ademais, os de Hidalgo convertéronse no segundo equipo que máis xG xerou ante o Atlético de Madrid esta temporada, unicamente por detrás do Villarreal. Uns datos que reflicten a capacidade ofensiva do conxunto deportivista ante un dos rivais máis esixentes do campionato.Kevin Sánchez, Noé, Yayo, Rubén López e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA, mentres que Eddahchouri, Casadó e Bright Ede continúan cos seus procesos de readaptación física.Este mércores 28 de outubro Os Nosos adestrarán ás 10:30 no Dépor Training Center no último ensaio antes do partido copeiro fronte ao Auriense CA.

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...

LÃBERIT e o RC Deportivo seguen avanzando xuntos as próximas ...

En marcha o DéporCampus Argentina, que se desenvolverá do 7 a...

Antía Veiga estréase como titular no Mundial cun triunfo ante...




