
DÉPOR · 27 OUTUBRO 2026
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA O PARTIDO ANTE O RCD ESPANYOL DO SÁBADO 7 DE NOVEMBRO ÁS 16:15 NO RCDE STADIUM
O RC Deportivo abre o prazo de solicitude de entradas para o partido ante o RCD Espanyol, que se disputará o vindeiro sábado 7 de novembro ás 16:15 horas no RCDE Stadium.Un total de 425 entradas poñeranse á disposición dos abonados e abonadas do RC Deportivo.O prezo de cada entrada será de 30 euros.As persoas abonadas interesadas poderán realizar a súa solicitude desde hoxe, martes 27 de outubro, ata este venres 30 de outubro ás 10:00 horas, premendo nesta ligazón.Cada abonado ou abonada poderá solicitar un máximo de 2 entradas. A presentación da solicitude non garante a súa adxudicación.No caso de que o número de entradas solicitadas supere as 425 localidades dispoñibles, o RC Deportivo realizará un sorteo público, que será retransmitido en directo a través da canle oficial do Club en YouTube.A data e a hora do sorteo comunicaranse unha vez finalizado o prazo de solicitude.O Club informará directamente por correo electrónico as persoas solicitantes do resultado do proceso, así como dos prazos para completar a compra e do procedemento de entrega das entradas.

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...

LÃBERIT e o RC Deportivo seguen avanzando xuntos as próximas ...