
DÉPOR · 30 MAIO 2026
O DÉPOR DESPÍDESE ESTE DOMINGO 31 ANTE A UD LAS PALMAS NUN AMBIENTE DE FESTA EN ABANCA-RIAZOR AÍNDA QUE "TÓCACHE O CORAZÓN POLO QUE PASAMOS, POR COMO FIXEMOS AS COUSAS"
O Dépor conclúe unha tempada histórica nun ABANCA-RIAZOR ateigado este domingo 31 de maio ás 18:30 fronte á UD Las Palmas.Co triunfo en Valladolid, Os Nosos sumaron 77 puntos e lograron matematicamente o ascenso a Primera División.Froito deste gran logro, o equipo pasou unha semana de visitas institucionais (Concello da Coruña, Deputación, Xunta de Galicia) e celebración coa afección, na Fan Zone de Riazor e na praza de María Pita.Antonio Hidalgo confesa que "cando hai ano de éxito, saber que o domingo é o último día do grupo chégaoche ao corazón polo que pasamos, por como fixemos as cousas, por como nos miramos aos ollos e nos dixemos cousas que nalgún momento son difíciles de dicir e pola familia que teñen aí dentro do vestiario".Pero non hai que esquecer que está en xogo o título de campión de liga. Agora mesmo o Real Racing Club, líder, suma 79 puntos. Así pois, Os Nosos necesitan vencer aos canarios e que os cántabros perdan en El Sardinero fronte ao Cádiz CF.Son baixa David Mella por lesión e Altimira por sanción debido a que en Valladolid viu o seu 5º cartón amarelo.Antonio Hidalgo dirixiu unha última sesión de adestramento este sábado 30 de maio no Dépor Training Center. Tras unha activación, houbo unha roda de pases, fútbol reducido e unha tarefa de finalizacións.Bil, Samu e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA. "Estou moi contento coa canteira, co traballo que hai detrás. Son xogadores para tentar asentalos no futuro. Estamos no camiño. Veremos que percorrido poden ter pero a importancia de Bil e Noé foi máxima nos últimos partidos. Samu axudounos durante o ano. Están preparados e imos ver se poden ter minutos o domingo", apuntou o preparador deportivista.

Pola súa banda, a UD Las Palmas, que a pasada fin de semana empatou (1-1) co Real Zaragoza, é 6º con 70 puntos pechando as posicións de play off de ascenso.No partido da primeira volta disputado no Estadio Gran Canaria o pasado 11 de xaneiro houbo empate (1-1). Villares adiantou aos blanquiazules pero igualou Jesé ao fío do descanso.Fóra da illa esta tempada o equipo de Luis García gañou ao Córdoba CF (1-3), CD Leganés (0-1), Real Valladolid (0-1), Real Zaragoza (1-2), Cultural Leonesa (0-3), Cádiz CF (1-2) e UD Almería (1-2); empatou co Burgos CF (0-0), Granada CF (0-0), SD Huesca (1-1), Sporting de Gijón (0-0), AD Ceuta FC (1-1), Real Sociedad B (1-1) e CD Mirandés (1-1); e caeu co CD Castellón (1-0), Real Racing Club (4-1), Albacete Balompié (2-1), SD Eibar (3-1), Málaga CF (2-0) e FC Andorra (5-1).O adestrador da UD Las Palmas afirmou en rolda de prensa que "xogámonos algo moi importante e temos que facelo notar no terreo de xogo".Recalca que "imos á Coruña a gañar. Non pensamos noutra cousa. Diante temos un gran rival, que se gañou por méritos propios estar na máxima categoría, fixo un ano extraordinario; pero van competir, non teño ningunha dúbida".Concluído o partido, o Dépor marcha de vacacións para volver xa no mes de xullo en LaLiga EA Sports: "Será unha ilusión tremenda pero á mesma vez unha esixencia tremenda", apuntou Antonio Hidalgo.

Fanzone desde as 10:00, homenaxe ao equipo en ABANCA-RIAZOR d...

O Dépor Genuine participa en Burgos na terceira fase de LaLig...

Tarde de ilusión e sentimento deportivista na Dépor Escola Fe...

Cita para o Orzán SD Xuvenil en Santa Comba e honras para o O...

Vitorias este venres 29 en Torrelavega e Valladolid para arra...

Fran Alonso, na súa última rolda de prensa: "Grazas A Coruña,...






