RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso, na súa última rolda de prensa: "Grazas A Coruña, Grazas RC Deportivo. Sempre no meu corazón"

DÉPOR ABANCA · 29 MAIO 2026

FRAN ALONSO, NA SÚA ÚLTIMA ROLDA DE PRENSA: "GRAZAS A CORUÑA, GRAZAS RC DEPORTIVO. SEMPRE NO MEU CORAZÓN"

Fran Alonso manifestou este venres 29 de maio na sala de prensa do Dépor Training Center que a temporada do Dépor ABANCA é "moi boa porque conseguimos, por primeira vez na historia, manter o equipo 3 anos seguidos en Liga F".Iso si, admite que "por suposto se pode mellorar. Somos ambiciosas, esixímonos máis. Sabemos que en moitos partidos puidemos facer máis".O técnico deportivista lembra que "se miramos os números, non o sabiamos pero en xaneiro estabamos salvadas. Matematicamente salvámonos antes do partido contra o Atlético de Madrid, cun equipo novo, con moitísima canteirá".Así pois, dálle ás xogadoras "un 10. Souberon competir moi ben, cada vez xogamos mellor. O equipo nunca deixou de competir. Á temporada poñeríalle un notable alto".Fran Alonso ponlle un 10 "á cidade, á afección, á directiva, á dirección deportiva, ás xogadoras. Non teño palabras para describir o moito que me axudaron, o que significaron na miña vida".Recalca que "sentirme na casa, con xente á que queres, que che fai sentir como en familia, non ten prezo".Así pois, unha vez máis deu as grazas "tanto á directiva, á dirección deportiva, ás xogadoras, á cidade... Espectacular. Foi unha experiencia espectacular. Foi un ano e medio pero superintenso. Marcho con moitísimo amor, sendo fan do Dépor cando antes non o era. Só teño palabras de agradecemento para a xente que me rodeou. Grazas A Coruña, Grazas RC Deportivo. Sempre no meu corazón".