
DÉPOR GENUINE · 29 MAIO 2026
O DÉPOR GENUINE PARTICIPA EN BURGOS NA TERCEIRA FASE DE LALIGA GENUINE MOEVE NUN FIN DE SEMANA DE APERTAS, SORRISOS E EXPERIENCIAS INESQUECIBLES
A Cidade Deportiva do Burgos CF é o escenario esta fin de semana da terceira fase de LaLiga Genuine Moeve para o Dépor Genuine.Os rivais de Os Nosos serán o Real Valladolid e o CD Lugo.Serán días nos que os 24 equipos dos grupos de Deportividade, Respecto e Compañeirismo volverán atoparse para compartir unha experiencia na que o fútbol se converte nunha ferramenta de inclusión, convivencia e aprendizaxe de valores tanto dentro como fóra do campo.En LaLiga Genuine cada partido é unha lección de superación, inclusión e compañeirismo. Un espazo onde as diferenzas desaparecen e onde o deporte se converte nunha linguaxe capaz de unir, emocionar e ensinar valores dentro e fóra do terreo de xogo.Serán xornadas de apertas, sorrisos, reencontros e experiencias inesquecibles entre persoas que entenden o fútbol dende o seu lado máis humano e auténtico.

A competición comezará o sábado 30 de maio pola tarde, co partido fronte aos pucelanos; e continuará durante a mañá do domingo 31, no que o rival será o CD Lugo.Iso si, aquí o máis importante non é o resultado. O verdadeiramente importante é compartir o camiño, medrar xuntos e demostrar que o fútbol pode cambiar vidas.Despois dos partidos do domingo celebrarase a entrega de medallas a todos os equipos participantes, nun acto que contará coa presenza de autoridades, representantes institucionais e marcas colaboradoras da competición.


Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...