
FUNDACIÓN · 29 MAIO 2026
TARDE DE ILUSIÓN E SENTIMENTO DEPORTIVISTA NA DÉPOR ESCOLA FEIRACO 2026
O Dépor ABANCA e o Fabril foron os protagonistas este venres 29 de maio na Dépor Escola Feiraco 2026 de Alvedro e SadaDeste xeito, a ilusión, a aprendizaxe e o sentimento deportivista volveron ser os protagonistas dunha tarde inesquecible.A canteirá do Dépor ABANCA Eva Dios e a internacional uruguaia Espe Pizarro visitaron o alumnado dos grupos de Iniciación, Tecnificación e Perfeccionamento da sede de Alvedro (na foto da nova).
Ambas futbolistas fixeron gozar aos máis pequenos nun anaco cargado de emoción, sorrisos e momentos para o recordo.
E os xogadores do Fabril Samu e Quique Teijo compartiron en Sada unha tarde moi próxima co alumnado, demostrando que o deportivismo tamén se constrúe desde a canteira e co exemplo diario.
Así, os nenos e nenas viviron unha xornada moi especial xunto a referentes blanquiazules que compartiron con eles moito máis que fútbol: proximidade, experiencias e a paixón de defender estas cores.Máis alá dos adestramentos e dos partidos, estas xornadas fortalecen os valores que fan grande ao Dépor: compañeirismo, humildade, esforzo e ilusiónUnha tarde especial para seguir soñando xuntos.Máis de 500 nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2019, ambos incluídos, participan desde outubro nesta escola profesional de fútbol co obxectivo de complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.A actividade desenvólvese en Alvedro, Sada, Paiosaco, Zas, Bertamiráns, Colexio Jesuitinas ademais da sede de diversidade funcional na Cidade Deportiva da Torre.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse premendo neste enlace.Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].

O Dépor Genuine participa en Burgos na terceira fase de LaLig...

Cita para o Orzán SD Xuvenil en Santa Comba e honras para o O...

Vitorias este venres 29 en Torrelavega e Valladolid para arra...

Fran Alonso, na súa última rolda de prensa: "Grazas A Coruña,...

Antonio Hidalgo: "Explicáranme o que era A Coruña, pero calqu...

Declarado no Dépor Training o estado de "felicidade inmensa"