RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Explicáranme o que era A Coruña, pero calquera cousa que puidese imaxinar a realidade supéraa"

DÉPOR · 29 MAIO 2026

ANTONIO HIDALGO: "EXPLICÁRANME O QUE ERA A CORUÑA, PERO CALQUERA COUSA QUE PUIDESE IMAXINAR A REALIDADE SUPÉRAA"

Antonio Hidalgo referiuse na sala de prensa do Dépor Training Center aos futbolistas que menos minutos xogaron: "Aguantáronnos moito no día a día. Aceptaron o rol, a súa situación, que non é sinxela; sobre todo cando vas vendo que se pode conseguir algo importante sempre queres estar na herba".Confesa que intenta "ser o máis próximo posible e falar con eles. Non sempre é posible porque todos temos a nosa situación persoal pero estou tremendamente agradecido. A xente que menos minutos xogou, como é o caso de Cristian Herrera, deu todo o que ten polo Club, cun sentimento e unha profesionalidade moi grande".Insiste en "preparar o partido (ante a UD Las Palmas deste domingo 31 de maio ás 18:30) da mellor maneira posible coa intención de sacar os 3 puntos. Imos ver como chegan os xogadores e sacar o mellor once posible".O técnico deportivista admite sentir unha "emoción tremenda. Explicáranme o que era A Coruña nos últimos meses e conseguindo obxectivos pero calquera cousa que puidese imaxinar a realidade supéraa. É incrible o cariño que noto pola cidade. Case non hai ninguén que non che diga algo, ou que che pite, ou que che saude, ou que che pare, ou que che dea as grazas. Iso fala da ilusión que había na cidade, e da presión que ten. Estou contentísimo, non podo estar máis contento por algo que fixemos entre todos".A piques de concluír a temporada, Antonio Hidalgo prefire aínda non mirar ao futuro: "O que teña que vir virá. Toca agora gozar. Animo a que a xente o goce. Xa pensaremos no que nos veña a partir do luns. O Club vén traballando hai tempo en varios escenarios. Pero quero que a xente o goce e os xogadores tamén. Así llelo dixen aos futbolistas sabendo que hai un partido o domingo e que imos ir con todo a polos 3 puntos. Ese punto de felicidade e de gozar gañámolo nós".