
DÉPOR ABANCA · 16 XULLO 2026
ADRIANA RANERA, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA incorpora a Adriana Ranera Casanovas (Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 7 de xullo de 2005), que xogará como cedida polo FC Barcelona até xuño de 2027.A nova defensa central chega procedente do vixente campión de Europa, onde a pasada temporada deu un paso importante no seu crecemento ao participar en 9 partidos oficiais co primeiro equipo azulgrana.Ranera debutou co conxunto culé nun encontro da Copa de la Reina fronte ao Deportivo Alavés e, ao longo da campaña, entrou con regularidade nas convocatorias tanto da Liga F como da UEFA Women's Champions League, acumulando experiencia no máximo nivel do fútbol feminino.Ademais da súa progresión no primeiro equipo, a nova futbolista branquiazul foi unha peza importante do FC Barcelona B, do que exerceu como capitá e co que conquistou o título de Primera Federación Iberdrola.No plano internacional, Adriana Ranera foi unha habitual nas categorías inferiores da selección española, coa que competiu en todas as etapas formativas e proclamouse campioa de Europa sub-19.Formada desde os 6 anos no Junior de Sant Cugat, a nova defensa branquiazul continuou o seu desenvolvemento no Damm CF antes de incorporarse á canteira do FC Barcelona en 2020.Coa súa chegada, o Dépor ABANCA reforza a súa liña defensiva cunha futbolista nova, de grande proxección e con experiencia tanto na elite do fútbol español como en competicións internacionais.

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...