RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Traballo compensatorio este xoves 17 de setembro para os futbolistas con menos minutos ante o Sevilla FC

DÉPOR · 17 SETEMBRO 2026

TRABALLO COMPENSATORIO ESTE XOVES 17 DE SETEMBRO PARA OS FUTBOLISTAS CON MENOS MINUTOS ANTE O SEVILLA FC

Os futbolistas que tiveron menos minutos de xogo no encontro deste mércores en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC foron os protagonistas da sesión de traballo deste xoves 17 no Dépor Training Center.Para eles, no campo 3 da cidade deportiva branquiazul, houbo unha activación, unha roda de pases, unha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

mellayadama0917.jpg

Os titulares ante os andaluces pasaron polo ximnasio e pola padiola dos fisioterapeutas nunha xornada de recuperación física.O cadro de xogadores reunirase este venres 18 de setembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center para comezar a preparar o partido deste domingo 20 de setembro ás 18:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Betis CF, «un equipo Champions», tal e como o definiu Riki, quen, non obstante, lembra que «demostramos contra o Villarreal CF alí que estamos capacitados para xogar de ti a ti contra ese tipo de equipos».

  • noe0917.jpg
  • hidalgo0917.jpg
  • lucasnoubi0917.jpg
  • casado0917.jpg
  • ferllo0917.jpg