RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Riki asegura que, malia a derrota, "estamos tranquilos, confiados"

DÉPOR · 17 SETEMBRO 2026

RIKI ASEGURA QUE, MALIA A DERROTA, "ESTAMOS TRANQUILOS, CONFIADOS"

Riki, titular ante o Sevilla FC, pasou pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.O mediocentro deportivista advertiu na súa comparecencia ante os medios que "isto é Primera División. Todos os partidos van ser moi difíciles. E nada, a recuperarse para o domingo, que temos outro en ABANCA-RIAZOR".Considera que tanto o partido do Getafe CF como o do Sevilla FC foron "dous partidos parecidos, de moito duelo, moita segunda xogada, moita disputa. En Getafe puidemos sacar 1 punto, aquí non sacamos nada, pero o equipo está tranquilo, estamos confiados".O futbolista asturiano sinala que ante o Sevilla FC "déronse situacións que non nos saíron de cara. Iso condiciona un pouco o partido, pero estamos tranquilos, confiados. O domingo contra o Betis temos outro e creo que imos gañar".A nivel persoal afirmou atoparse "ben. Traballo cada día para intentar xogar ou para que a xente que xoga dea o máximo para poñerllo difícil ao míster, subir entre todos o nivel e conseguir puntos, que é o que todos queremos".Finalmente, lembra, sen que sirva de escusa, que "eles tiveron algo máis de descanso. Fisicamente estamos un pouco máis minguados. Ademais, a nós, que nos gusta presionar arriba, cun menos era complicado".

Real Club Deportivo de La Coruña