RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeiro amigable de preparación este sábado 18 de xullo no Estadio Vero Boquete ante a SD Compostela de cara a unha "Primera División moi dura"

DÉPOR · 17 XULLO 2026

PRIMEIRO AMIGABLE DE PREPARACIÓN ESTE SÁBADO 18 DE XULLO NO ESTADIO VERO BOQUETE ANTE A SD COMPOSTELA DE CARA A UNHA "PRIMERA DIVISIÓN MOI DURA"

O Dépor disputa este sábado 18 de xullo a partir das 20:00 no Estadio Vero Boquete o seu primeiro amigable de pretemporada.O rival será a SD Compostela, club que acaba de ascender a Segunda Federación, nun partido que será retransmitido en directo polo canle oficial do RC Deportivo en Youtube.Leo Román advertiu na sala de prensa que a Primera División "é moi dura. O máis importante é non perderlle o respecto pase o que pase, ser humildes, traballar ao 100% e dar o mellor de nós. Así han irnos ben as cousas".Lembra que "xa se viu o ano pasado o difícil que é, con cantos puntos quedou a salvación. Hai que traballar sempre a tope".

riki0717.jpg

O conxunto santiagués ten xa á venda as entradas, que teñen estes prezos na bancada de Preferencia:-Adultos: 15 euros-De 3 a 17 anos: 5 eurosAs persoas interesadas poden adquirilas nesta ligazón.Antonio Hidalgo perfilou esta mañá no Dépor Training Center os detalles tácticos para esta primeira cita do verán.O cadro iniciou cunha activación con fut-voley e rondos no campo 2.Yeremay, Mella e Loureiro están con adestramento personalizado; mentres que Bil, Noé, Guerrero, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

  • ximonavarro0717.jpg
  • yeremay0717.jpg
  • amatucci0717.jpg
  • bil0717.jpg
  • samu0717.jpg