
DÉPOR · 15 XULLO 2026
NOVA E ESIXENTE SESIÓN DE PRETEMPORADA PARA OS NOSOS, QUE «CHEGARON A UN NIVEL MOI ALTO»
O Deportivo completou este mércores 15 de xullo unha nova sesión de traballo rumbo ao primeiro test do verán, este sábado 18 de xullo ás 20:00 horas (canle de Youtube do RC Deportivo), no Estadio Vero Boquete ante a SD Compostela de Segunda Federación.Fernando Soriano advertiu onte na sala de prensa que "os partidos de pretemporada son moi importantes. Ás veces non se lles dá a importancia necesaria pero moitas das decisións tómanse por este primeiro mes".O Director de Fútbol blanquiazul sostén que Os Nosos "tomaron conciencia diso e viñeron a un nivel moi alto".Nunha mañá calorosa, Antonio Hidalgo dispuxo, tras unha activación, unha tarefa táctica e fútbol reducido, de alta intensidade.

Yeremay, que xa realiza tarefas no campo, Loureiro e Mella están con adestramento personalizado.Bil, Noé, Samu, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA. Fernando Soriano revelou sobre este último que "está francamente ben. O míster coñecíao, pero coñecíao pouco. E está moi sorprendido".Este xoves 16 de xullo o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...




