
DÉPOR · 14 XULLO 2026
TEUN GIJSELHART, NA SÚA PRESENTACIÓN, FALA DO DÉPOR COMO "UN PROXECTO MOI BO" E DEFÍNEO COMO "UN GRAN CLUB, CUNHA GRAN HISTORIA"
Teun Gijselhart (Ámsterdam, Países Baixos, 6 de abril de 2005) foi presentado este mediodía como novo xogador do Dépor até xuño de 2030.En primeiro lugar, o futbolista neerlandés posou para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias coa súa nova camiseta, acompañado por Fernando Soriano.

Xa na sala de prensa, o Director de Fútbol blanquiazul destacou sobre "Toni, para nós" que "pode xogar de 6, de 8. Vén para complementar esa zona. É un xogador de calidade, de fútbol holandés, con esas características técnicas e físicas que vemos nese perfil de xogadores".Pola súa banda, Teun asegura que "dende o primeiro día me sentín moi ben, moi orgulloso de estar aquí. A primeira semana de adestramentos foi moi boa, moi positiva. Grazas aos meus compañeiros e ao corpo técnico porque me recibiron moi ben".Asegura poder achegar "intensidade, recuperar balóns e participar na construción do xogo".

Gijselhart, que falou nun bo castelán, confesa que "miña nai estudou en Salamanca e grazas a ela tiven o primeiro contacto coa lingua. Empecei a aprender porque sempre tiven na cabeza que algún día me gustaría xogar ao fútbol en España. E aquí estou".Ve no Dépor "un proxecto moi bo, con xente nova como Mario Soriano. Todos están cómodos co balón. É un gran club, cunha gran historia, cunha gran afección". "A cidade é moi bonita, síntome moi cómodo. Está todo moi ben", engadiu.Finalmente promete "dalo todo por este club; e aprender, seguir mellorando non só como futbolista senón tamén como persoa".

Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...