RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real Madrid CF en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR ABANCA · 11 SETEMBRO 2026

UN DÉPOR ABANCA QUE "O DEIXOU TODO NO CAMPO" NON PODE CO REAL MADRID CF EN ABANCA-RIAZOR

Primeiro gran test da temporada para o Dépor ABANCA, no que caeu por 0-2 este venres 11 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid CF.Con este resultado, As Nosas quedan con 1 punto na clasificación despois de 3 xornadas.Alberto Rodríguez asegurou na rolda de prensa posterior ao partido que o equipo "deixouno todo no campo. Ata o minuto 94 apertamos arriba na área do Real Madrid. Quedamos con iso".Foron baixa Eva Alonso por lesión; Carla Castyñeiras por sanción tras ser expulsada a pasada fin de semana no Heliodoro Rodríguez López; ademais de Marisa e Ainoa Gómez, concentradas con España no Mundial sub-20.Pola súa banda, o Real Madrid CF chegaba a A Coruña con 4 puntos, situado na 4ª posición.Ata a data, o conxunto branco disputara os seus dous encontros na Ciudad Real Madrid, saldados cun triunfo ante o Atlético de Madrid e un empate ante a SD Eibar.Ambos os equipos víronse as caras esta pretemporada. Foi o pasado 16 de agosto na Ciudad Real Madrid. Lucía Pardo adiantou o Dépor ABANCA, pero as madridistas remontaron con dous tantos nos minutos 60 e 66.Saíu moi forte o Real Madrid CF, que no primeiro minuto xa rematara a portería por medio de Caruso. Despexou como puido Tarazona.A colexiada do encontro, a castelán-leonesa Elena Peláez, decretou pena máxima no saque dun córner por un agarrón de Millene a Beerensteyn. Ademais, amoestou a dianteira deportivista.Antes do lanzamento, acudiu á pantalla a petición do Dépor ABANCA, pero tras ver as imaxes ratificou a súa decisión.O adestrador do Dépor ABANCA aclarou que "o que nos parecía era que o agarrón se vía, pero era leve. A árbitra cre que ese agarrón era ostensible, así que nada que dicir. Non queriamos quedar coa dúbida e que o vise nas imaxes".Linda Caicedo executou a pena máxima, pero Tarazona adiviñou a intención e o marcador non se movería."Deunos unha enerxía extra", comentou o preparador deportivista.Efectivamente, As Nosas lograron sacudirse o dominio madridista e mesmo achegarse con perigo á meta de Frohms.Aos 13 minutos, Redru rouba un balón na zona de tres cuartos, asiste a Lucía Pardo, quen, dentro da área, dispara ás mans de Frohms.Dous minutos máis tarde, Millene intenta unha vaselina nun contragolpe, pero o balón marcha rozando o longueiro.Pasados os 20 minutos, Lucía Pardo non precisa un remate de cabeza no saque dunha falta lateral.Á media hora, Beerensteyn pon a proba os reflexos de Tarazona. Respondeu con acerto a porteira deportivista para despexar o remate da atacante madrileña.Foi precisamente Linda Caicedo, no minuto 32, quen adiantou o Real Madrid CF no marcador. Vaise de Caracas pola banda esquerda, métese cara ao centro e, sen oposición, coloca o balón lonxe do alcance de Tarazona.O Real Madrid CF aumenta a vantaxe no minuto 40 nunha xogada a balón parado. Nun saque de esquina, Andersson remata a pracer, libre de marca, case na área pequena.Tarazona salvou o terceiro no minuto 42 ao tapar co corpo un remate a queimarroupa de Beerensteyn.Na xogada mancouse a gardameta branquiazul, que foi substituída por Inês Pereira no desconto da primeira metade.Alberto Rodríguez desvelou que sufriu "un golpe nas costelas nese man a man. Vanlle facer probas e saberemos algo máis. Estaba a un bo nivel. En Tenerife foi a xogadora do partido", lamentou.Ao descanso chegouse con 0-2."Custounos nos duelos na primeira metade e co 0-2 o partido cambia, é outro distinto", opinou o técnico deportivista.A segunda metade arrincou con escasas ocasións, malia que, segundo explicou o preparador do Dépor ABANCA, "decidimos arriscar un pouco máis na presión, buscalas máis arriba e emparellarnos, asumindo que, se perdiamos un duelo, acabariamos na nosa área".No minuto 56, un centro-chut de Lucía Pardo pasa por diante de Frohms e Millene non logra empurrar a pelota.Alberto Rodríguez comeza a mover o banco. Sofía Domínguez e Lucía Rivas substitúen a Paula Hernández e Millene.Frohms evita o primeiro do Dépor ABANCA cunha gran parada a un remate de cabeza de Redru no segundo pau tras un saque de esquina.Apertaban As Nosas na procura dese gol que as metese no partido.Case o logra Espe Pizarro, que enganchou un balón solto na área madridista que Frohms tapou co corpo. Corría o minuto 73."Teño a sensación de que tivemos 2 ou 3 ocasións claras de gol. Quizais, se marcas unha desas, dáche pé a ir polo empate", reflexionou Alberto Rodríguez.Beerensteyn tivo nas súas botas o terceiro do Real Madrid CF, pero o seu remate, mordido, estrelouse no poste esquerdo da portería de Inês Pereira.Na recta final, Lucía Pardo viuse obrigada a pedir o cambio por problemas físicos. Foi substituída por Michi Apóstol.A última do partido, xa no desconto, foi madridista. De novo, Beerensteyn vaise por velocidade da defensa branquiazul e Inês Pereira rexeita o seu potente disparo cunha gran parada.Sen tempo para máis, chegouse ao final co 0-2 e con aplausos desde a bancada para As Nosas polo seu enorme despregamento físico.Dépor ABANCA: Tarazona (Inês Pereira, min. 45+3), Caracas (Eva Dios, min. 82), Ranera, Paula Novo, Vega, Redru, Paula Hernández (Sofía Domínguez, min. 66), Olaya, Lucía Pardo (Michi Apóstol, min. 82), Espe Pizarro e Millene (Lucía Rivas, min. 66)Real Madrid CF: Frohms, Lewels, Keukelaar (Angeldahl, min. 61), Beerensteyn, Andreia, Linda (Toletti, min. 69), Eva Navarro, Elisa, Andersson, Lakrar e Caruso (Zouhir, min. 80)Árbitra: Elena Peláez, do comité castelán-leonés. Amoestou a Millene (min. 6) e Andersson (min. 22)Goles: 0-1 Linda Caicedo (min. 32); 0-2 Andersson (min. 40)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.266 espectadores