RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero que toca "seguir picando pedra ata que saia cara"

DÉPOR ABANCA · 12 SETEMBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ ASEGURA QUE "A ENERXÍA DO GRUPO É BOA" PERO QUE TOCA "SEGUIR PICANDO PEDRA ATA QUE SAIA CARA"

Alberto Rodríguez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "a nivel de puntos non temos a mesma situación que a nivel de xogo, pero a alta competición é así. Agora temos 2 partidos antes do parón. Toca resetear un pouco mañá (por este sábado 12), analizar coas xogadoras situacións para corrixir e o bo que ten o fútbol é que cada 7 días che dá unha boa oportunidade".Recalca que "a enerxía do grupo é boa, os adestramentos son bos. Ese é o camiño. A seguir picando pedra ata que saia cara".Lamentouse do primeiro gol de Linda Caicedo porque "nesa condución cara a dentro o ideal é estar un pouco máis preto para tapar o tiro, pero Caracas viña dun esforzo anterior e as situacións en campo aberto son as máis difíciles de neutralizar no fútbol. Verémola para seguir corrixindo detalles".Así mesmo, Alberto Rodríguez explicou que o tanto a balón parado de Andersson "creo lembrar que é un bloqueo. Olaya dime que lle impide correr. Haberá que velo en vídeo. Eses duelos a balón parado, a nivel de forza, trabállaos moi ben o Real Madrid. Atopáronnos algunha vez máis. É un punto para ver e analizar porque o balón parado é unha parte moi importante do xogo a nivel estatístico. Poñeremos o foco niso tamén".O técnico deportivista asegura que non ten "preocupación" pola falta de gol, senón "ocupación en tratar de xerar máis, porque cando o equipo ten 3 ou 4 situacións bastante claras ante un equipo como o Real Madrid CF quere dicir que estamos no camiño correcto".E finalmente admite que "ás veces estas situacións de non marcar xeran máis estrés, pero tratámolo con naturalidade. Sabemos que aínda non marcamos gol, pero estamos tranquilas porque nos adestramentos estamos traballando situacións máis colectivas. Por suposto que seguiremos poñendo o foco porque o gol é ese don tan desexado no fútbol".

Real Club Deportivo de La Coruña