RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A RC Deportivo Fundación pecha a súa expedición en Cabo Verde cunha actividade no Colexio Miraflores de Praia

FUNDACIÓN · 27 OUTUBRO 2026

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN PECHA A SÚA EXPEDICIÓN EN CABO VERDE CUNHA ACTIVIDADE NO COLEXIO MIRAFLORES DE PRAIA

A expedición da RC Deportivo Fundación rematou a súa visita a Cabo Verde cunha xornada de fútbol no Colexio Miraflores de Praia, onde puido compartir unha actividade deportiva cos nenos e nenas do centro.Durante o encontro fíxose entrega de pequenos detalles como lembranza da visita, nunha xornada que permitiu achegarse á comunidade educativa local e compartir a paixón polo fútbol.A actividade contou tamén coa presenza de Fidel Mendoça, profesor do colexio e exxogador da selección nacional de baloncesto de Cabo Verde.Unha nova oportunidade para achegar o RC Deportivo á realidade do país e seguir fortalecendo os vínculos a través do deporte.