
DÉPOR · 12 SETEMBRO 2026
UN DÉPOR "COS PÉS NO CHAN PERO CON MOITA CONFIANZA TAMÉN" VISITA O GETAFE CF NO PRIMEIRO DE 3 PARTIDOS EN 7 DÍAS
O Dépor enfróntase este domingo 13 de setembro ás 18:30 (Movistar LaLiga) ao Getafe CF no Coliseum, en partido correspondente á 5ª xornada de LaLiga EA Sports.Os Nosos preséntanse con 8 puntos na 6ª posición da táboa e sen coñecer a derrota.Antonio Hidalgo, na rolda de prensa previa, lembra que "iso quere dicir que cada semana sumas. Isto vai de sumar. Evidentemente, o que marca a diferenza é sumar de 3. Imos con esa intención o domingo, sabendo da dificultade, con moitísima humildade".Insiste en que "isto é moi longo. Tes que ter os pés no chan, pero tamén estamos con moita confianza".O de Getafe será o primeiro dos 3 partidos previstos nunha semana, co Sevilla FC o mércores 16 ás 19:00 e co Real Betis o domingo 20 ás 18:30, ambos en ABANCA-RIAZOR.O técnico deportivista pensa que "hai que preparar o seguinte. E cando veña o Sevilla FC xa o prepararemos da mellor maneira posible. A ver como saímos, fisicamente sobre todo. Estamos centrados no día a día".Os Nosos recuperan a Altimira, que perdeu o encontro de Villarreal por sanción.O Dépor realizou esta mañá un último adestramento no Dépor Training Center antes de viaxar a primeira hora da tarde a Madrid.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación, un ensaio de accións a balón parado, fútbol reducido e unha tarefa de finalizacións para concluír.

Pola súa banda, o Getafe CF, que a pasada fin de semana empatou no Coliseum (1-1) ante o RC Celta, é 15º con 4 puntos.Ademais dese resultado ante o equipo vigués, esta temporada os getafenses impuxéronse por 1-0 ao Real Racing Club.José Bordalás manifestou na sala de prensa que "tivemos unha semana normal. Houbo tempo para descansar, para analizar, para traballar, para preparar o partido. Somos optimistas nese sentido. Vexo ben os xogadores, con boa disposición, con bo ánimo, con ganas de que chegue o partido".Advirte o técnico do Getafe CF que "vai ser un partido de moita esixencia contra un rival que ascendeu e que xa desde o inicio amosou as súas capacidades. Chegou novamente a Primeira División para intentar quedar moitísimo tempo".Finalizado o encontro, Os Nosos pasarán a noite en Madrid e regresarán o luns 14 de setembro a primeira hora da mañá, directamente para adestrar no Dépor Training Center.

Parte médico de Andrea Tarazona

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B en Ei...





