
DÉPOR · 14 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO PRESENTA A SÚA SEGUNDA EQUIPACIÓN PARA A TEMPORADA 2026-27, UNHA PROPOSTA QUE MIRA CARA AO FUTURO SEN RENUNCIAR Á SÚA IDENTIDADE
A nova segunda equipación do RC Deportivo aposta por un deseño en negro, unha liña de estética contemporánea que representa a ambición do Club por seguir evolucionando sen perder as súas raíces. Unha camiseta pensada para mirar ao futuro desde unha personalidade recoñecible e diferenciadora.Os detalles branquiazuis presentes en mangas e laterais reinterpretan as cores que definiron historicamente ao Deportivo, establecendo unha ligazón visual coa primeira equipación.Os acentos de cor en azul no escudo, no pescozo e no swoosh achegan luminosidade e dinamismo ao conxunto, simbolizando a enerxía, a innovación e o futuro que inspira esta nova etapa do Club.O gran protagonista da camiseta é o escudo, presentado cun exclusivo acabado glossy 3D transparente que achega brillo, profundidade e un efecto visual inédito ata a data. Un tratamento que reforza o carácter vangardista da peza e acompaña a evolución da identidade do Club nunha tempada especialmente significativa, marcada polo inicio da alianza con Nike e a consolidación da actualización da marca, aliñada co topónimo oficial da cidade.A segunda equipación xa está dispoñible na tenda online e nos puntos de venda oficiais do Club.


Lucía Pardo: "Nunca deixamos de crer, non perdemos esas ganas...

José María Giménez: "A Coruña é unha cidade que me namorou. É...

O Dépor intensifica o traballo táctico no campo 2 «con toda a...

O RC Deportivo impulsa a formación de novos profesionais do a...

Segundo partido da canteirá deportivista Antía Veiga no Mundi...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co regreso á liga do De...