RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo impulsa a formación de novos profesionais do alto rendemento no fútbol xunto a Unisport

FUNDACIÓN · 21 OUTUBRO 2026

O RC DEPORTIVO IMPULSA A FORMACIÓN DE NOVOS PROFESIONAIS DO ALTO RENDEMENTO NO FÚTBOL XUNTO A UNISPORT

O RC Deportivo continúa ampliando o seu compromiso coa formación e a profesionalización do fútbol co lanzamento, xunto a , do Máster en Alto Rendemento Deportivo en Fútbol Unisport Management School. Esta nova proposta formativa busca preparar profesionais capaces de responder ás necesidades técnicas e tácticas do fútbol actual, achegando o coñecemento e a experiencia do deporte profesional ao ámbito académico.

A iniciativa, impulsada a través da Fundación RC Deportivo e da súa marca formativa Dépor Academy, conta cun claustro docente integrado por profesionais do Club, que trasladarán ao alumnado os seus coñecementos e experiencia no traballo diario nunha contorna de máxima esixencia competitiva.

A formación, impartida na modalidade 100 % en liña, está dirixida a futuros preparadores físicos, analistas e readaptadores de futbolistas. Ademais, ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación con acreditación universitaria da UDIMA. O alumnado poderá afondar en ámbitos como a evolución táctica de xogadores e equipos, o desenvolvemento integral do futbolista, a xestión de cadros de xogadores e a adaptación dos procesos de adestramento ás necesidades do alto rendemento.

Con este proxecto xunto a Unisport Management School, o RC Deportivo reforza o seu papel como axente activo na formación de novos profesionais e na transferencia de coñecemento desde o fútbol de elite cara ás futuras xeracións do sector.