
DÉPOR · 21 OUTUBRO 2026
O DÉPOR INTENSIFICA O TRABALLO TÁCTICO NO CAMPO 2 «CON TODA A ILUSIÓN DO MUNDO» NO ESTADIO RIYADH AIR METROPOLITANO
Antonio Hidalgo incrementou este mércores 21 de outubro no Dépor Training Center o traballo táctico de cara ao encontro deste sábado 24 de outubro ás 21:00 no Estadio Riyadh Air Metropolitano ante o Atlético de Madrid.José María Giménez, na sala de prensa, asegurou que o equipo ten «toda a ilusión do mundo» neste encontro, «sabendo que vai ser un partido moi difícil, como todos os de LaLiga EA Sports, ante un grandísimo rival que vén cunha xeira moi positiva».O central sostén, con todo, que «temos as nosas armas, as nosas ferramentas de xogo e, a partir de aí, atopar as situacións que nos leven a xogar o partido que nós queiramos e que poidamos gañar».

A sesión arrincou cunha activación e un xogo de posición.A continuación, o cadro de xogadores completou un exercicio táctico e un partido en espazos amplos antes de retirarse aos vestiarios.Aubameyang, Eddahchouri, Casadó e Bright Ede seguen cun adestramento personalizado. Os 3 primeiros, ademais do canteirán Noé, xa realizan tarefas sobre o céspede co readaptador, Nando Rodríguez.Kevin e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 22 de outubro o Dépor repetirá adestramento a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

José María Giménez: "A Coruña é unha cidade que me namorou. É...

O RC Deportivo impulsa a formación de novos profesionais do a...

Segundo partido da canteirá deportivista Antía Veiga no Mundi...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co regreso á liga do De...

O Benxamín A visita este mércores 21 ao Santa María del Mar n...

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...




