
DÉPOR · 21 OUTUBRO 2026
JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ: "A CORUÑA É UNHA CIDADE QUE ME NAMOROU. É INCRIBLE, É PRECIOSA"
José María Giménez lembrou na sala de prensa do Dépor Training Center que «sigo sendo xogador do Atlético de Madrid. E quédanme esta e 2 temporadas máis. A partir de aí, A Coruña é unha cidade que me namorou. É incrible, é preciosa. A súa xente, as súas rúas, a cidade, o seu mar. É incrible».O central deportivista asegura que «os meus fillos e mais nós tamén nos adaptamos súper rápido, súper ben. Os compañeiros de aquí fixéronme todo moitísimo máis doado. Marchei 21 días coa selección e ata o botei de menos. Imaxina. E quería volver porque A Coruña namora».Explica a razón pola que, cedido polo Atlético de Madrid esta temporada, pode xogar este sábado 24 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) ante o Atlético de Madrid no Estadio Riyadh Air Metropolitano: «Cando souben que era unha cesión pedín que non estivese a cláusula. Quero xogar todos os partidos, estar dispoñible polo menos para todos os partidos. Se xogo ou non é decisión do adestrador. Era algo que vía que se podía chegar a facer. Estou agradecido de que me deixasen competir esta fin de semana».Finalmente, Giménez ve o conxunto vermello e branco «ben, forte, un grupo como nos teñen afeitos a demostrar a todo o mundo do fútbol. Ten moitísimas ferramentas, segue medrando, sabe sufrir».E puxo como exemplo o partido de Champions League deste martes ante o Sttutgart: «cando expulsan a Morten Hjulmand fai un bo traballo defensivo e xera ocasións porque vai ao ataque. Tiveron o penalti que non lle sinalaron a Hancko e que suporía a vitoria para o Atlético».Conclúe que, malia a inferioridade numérica e as fichaxes, o Atlético de Madrid «é un equipo que sabe sufrir, pero tamén atacar e aproveitar as ocasións que lle chegan».

O Dépor intensifica o traballo táctico no campo 2 «con toda a...

O RC Deportivo impulsa a formación de novos profesionais do a...

Segundo partido da canteirá deportivista Antía Veiga no Mundi...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co regreso á liga do De...

O Benxamín A visita este mércores 21 ao Santa María del Mar n...

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...