
CANTERA · 20 OUTUBRO 2026
O BENXAMÍN A VISITA ESTE MÉRCORES 21 AO SANTA MARÍA DEL MAR NO PARTIDO QUE ABRE A SEMANA DE ENCONTROS EN ANOSACANTEIRA
O partido ligueiro do Benxamín A (na foto principal da noticia) ante o Santa María del Mar abre este mércores 21 de outubro a semana de partidos en ANOSACANTEIRA.O encontro corresponde á xornada da pasada fin de semana, pero adiouse pola participación do conxunto branquiazul na Kölner U10 Herbst Cup en Alemaña, torneo que rematou nunha brillante 3ª posición dun total de 72 equipos procedentes de toda Europa.O outro partido adiantado á fin de semana é o do San Tirso SD Cadete, que este xoves 22 de outubro se enfronta ao RC Celta na Madroa na División de Honor. Os 'verdes' viaxarán o venres 23 a Dinamarca para disputar a U15 Frem Cup en Copenhague.En canto á fin de semana, o partido máis destacado é o Fabril - CD Extremadura do sábado 24 de outubro ás 13:00 en ABANCA-RIAZOR.O filial chega ao choque na 16ª posición con 8 puntos, 2 menos que o CD Extremadura, que ten 10 puntos.Fóra da casa, o Xuvenil B visita o CD Choco no campo de Santa Mariña (17:00).Completan a xornada do sábado 24 os alevíns e benxamíns en fútbol 7: o Alevín A xoga na Universidade Laboral ante a SD Acea de Ama (10:00), o Fabril FC Alevín e o Fabril FC Benxamín en Carnoedo (12:00) ante o Sada CF; e o Benxamín A en Pastoriza (11:00).Para o domingo 25 queda o partido do Xuvenil A en Gijón fronte ao TSK Roces (16:30); o do líder da División de Honor, o Cadete, ante a SD Compostela no Dépor Training Center (11:30); e o dos dous equipos infantís: o Dépor na Merced (Santiago) ante o CD Conxo Santiago (11:15) e o San Tirso SD Infantil no Monte fronte ao Pabellón Ourense CF (12:00).

O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación9ª xornada: FABRIL - CD EXTREMADURA, o sábado 24 de outubro ás 13:00 en ABANCA-RIAZORClasificación: ... 13. Real Unión e CD Extremadura, 10 puntos; 15. Barakaldo CF, 9 puntos; 16. Fabril e CD Coria, 8 puntos; 18. Unionistas de Salamanca CF, 7 puntos...Categoría xuvenil7ª xornada: TSK ROCES - XUVENIL A, o domingo 25 de outubro ás 16:30 no campo Covadonga (Gijón)Clasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 18 puntos; 2. CD Lugo, 16 puntos; 3. Xuvenil A, 15 puntos; 4. Sporting de Gijón, 13 puntos... 12. TSK Roces, 5 puntos...8ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL B, o sábado 24 de outubro ás 17:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)Clasificación da Liga Nacional: ... 6. Arosa SC, 11 puntos; 7. Pontevedra CF, Xuvenil B, CD Choco e CD Areosa, 10 puntos; 11. Racing de Ferrol, 8 puntos...Categoría cadete7ª xornada: CADETE - SD COMPOSTELA, o domingo 25 de outubro ás 11:30 no Dépor Training Center7ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD CADETE, o xoves 22 de outubro ás 18:00 na MadroaClasificación da División de Honor: 1. Cadete, 18 puntos; 2. RC Celta, 15 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, Ural Español CF e Bergantiños CF, 13 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán e Racing de Ferrol, 12 puntos... 9. SD Compostela, 7 puntos...U15 Frem Cup no Estadio do BK Frem (Copenhague)Sábado 24 de outubroPrimera Fase9:40: SAN TIRSO SD CADETE - BK FREM COPENHAGEN10:50: SAN TIRSO SD CADETE - JAGUAR GDANSK12:00: CLUB CALCIO ACADEMY - SAN TIRSO SD CADETE13:10: ZAGLEBIE LUBIN - SAN TIRSO SD CADETESegundo a clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, xa o domingo 25 de outubroCategoría infantil7ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL, o domingo 25 de outubro ás 11:15 na Merced (Santiago de Compostela)7ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 25 de outubro ás 12:00 no MonteClasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 18 puntos; 2. Infantil, 15 puntos; 3. ED Xuventude de Oroso, 13 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, Racing de Ferrol e Ural Español CF, 12 puntos; 7. San Tirso SD Infantil, 9 puntos; 8. CD Conxo Santiago, 8 puntos... 15. Pabellón Ourense CF, 2 puntos...Categoría alevín6ª xornada: SD ACEA DE AMA - ALEVÍN, o sábado 24 de outubro ás 10:00 no campo da Universidade Laboral (O Burgo)6ª xornada: SADA CF - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 24 de outubro ás 12:00 no campo da Grela (Carnoedo)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A e Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 3. Ural Español CF, 12 puntos... 6. Sada CF, 9 puntos; 7. SD Acea de Ama, 8 puntos; 8. Fabril FC Alevín, Victoria CF, Santa Cruz CF e Oza Juvenil SD, 7 puntos...Categoría benxamín5ª xornada: BENXAMÍN A - SANTA MARÍA DEL MAR, o mércores 21 de outubro ás 18:15 en Santa María del Mar6ª xornada: SCD PASTORIZA - BENXAMÍN A, o sábado 24 de outubro ás 11:00 no Municipal de Pastoriza (Pastoriza, Arteixo)6ª xornada: SADA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 24 de outubro ás 12:00 no campo da Grela (Carnoedo)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido menos), 12 puntos; 2. Victoria CF, Fabril FC Benxamín, Atlético Coruña Montañeros e CD Calasanz, 12 puntos; 6. Ural Español CF e Santa Cruz CF, 10 puntos... 10. Sada CF, 6 puntos... 13. Santa María del Mar, SCD Pastoriza, 0 puntos...


O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede