RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Lucía Pardo: "Nunca deixamos de crer, non perdemos esas ganas, esa ilusión"

DÉPOR ABANCA · 21 OUTUBRO 2026

LUCÍA PARDO: "NUNCA DEIXAMOS DE CRER, NON PERDEMOS ESAS GANAS, ESA ILUSIÓN"

Lucía Pardo foi a protagonista do Dépor ABANCA este mércores 21 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center.A atacante branquiazul asegura que As Nosas están "moi contentas por sumar os 3 puntos. Xa tiveramos boas sensacións nos partidos anteriores, pero non conseguiramos sumar. E gañar, ademais ante un equipo que só recibira 4 goles e os 4 nun mesmo partido, ten moito mérito".Afirma ademais que a clasificación "non é algo do que esteamos pendentes. A día de hoxe é moi cedo" e queda con "ese plus que che dan os 3 puntos, que reforzan o traballo feito. Mereciámolo".A nivel persoal, confesa estar "feliz. Levaba moito tempo sentíndome ben, nos partidos sentíame ben. É certo que o gol non entraba, pero tampouco me frustraba demasiado. Obviamente, a todas nos gusta marcar, e máis ás xogadoras que xogamos algo máis en ataque, pero estou feliz. É un plus ao traballo diario, que che motiva a seguir".Augura este domingo 25 de outubro ás 12:45 (Dazn, Teledeporte e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés "un partido difícil, como todos nesta liga. Veñen facendo ben as cousas. Imos ter que ofrecer unha gran versión e, sobre todo, saír con esa ambición e esas ganas de sumar 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".Do conxunto vitoriano destaca Lucía Pardo que "defenden ben, son un equipo duro que transita moi rápido e ben. Ten xogadoras moi rápidas arriba. Non se van pechar tanto. Hai que estar moi atentas ás vixilancias defensivas e as ocasións que teñamos, igual que en Eibar, para dentro".Finalmente, a futbolista lucense insiste en que "nunca deixamos de crer, non perdemos esas ganas, esa ilusión. Temos moitísimas ganas de darlle a ANOSAFORZA os primeiros 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".

Real Club Deportivo de A Coruña