
DÉPOR · 14 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO HABILITA UNHA OPCIÓN ONLINE PARA A RENOVACIÓN DOS ABONOS DE MARATHON INFERIOR
O RC Deportivo habilitará un procedemento online previo para que as persoas abonadas de Marathon Inferior poidan iniciar a renovación do seu abono para a temporada 2026-27 sen necesidade de acudir inicialmente á Oficina de Atención ao Deportivista.Esta decisión responde ás consultas, comentarios e solicitudes recibidas nos últimos días por parte de abonados desta zona do estadio. O Club escoitou esas achegas e traballou para atopar unha solución que facilite o trámite, reduza desprazamentos iniciais e, ao mesmo tempo, permita cumprir coas medidas reforzadas de identificación, control e aceptación expresa das condicións particulares de Marathon Inferior.O obxectivo do RC Deportivo é claro: que Marathon Inferior estea chea, ordenada e protexida desde o primeiro partido en Primera División.O RC Deportivo mantén, ademais, un compromiso firme coa tolerancia cero fronte a calquera forma de violencia e coa garantía dun contorno seguro, respectuoso e acorde cos valores do deportivismo. Marathon Inferior debe seguir sendo un espazo de animación, paixón e apoio incondicional ao equipo, sempre dentro do respecto, da convivencia e do cumprimento das normas.A aplicación de condicións específicas para esta zona non responde a unha vontade de limitar a animación nin de sinalar ás persoas abonadas, senón precisamente de preservar a súa continuidade, garantir que cada abonado ocupa a localidade que lle corresponde e evitar que condutas individuais ou usos indebidos poidan derivar en prexuízos colectivos.O regreso a Primera División esixe maiores estándares de orde, seguridade e control. Neste contexto, o Club considera imprescindible anticiparse e adoptar medidas que permitan protexer tanto ás persoas abonadas como ao propio equipo. A correcta identificación dos titulares do abono garante que cada localidade corresponde ao seu abonado, evita usos indebidos de carnés e permite individualizar responsabilidades cando sexa necesario.Nas últimas temporadas, o Club tivo que afrontar sancións e expedientes que supoñen un risco económico e deportivo relevante. As sancións xa firmes acadan os 90.000 euros e os expedientes abertos durante a tempada elevan a exposición por riba dos 340.000 euros.Alén do impacto económico que estas sancións supoñen para o Club (recursos que poderían destinarse ao proxecto deportivo, ao cadro de xogadores ou á mellora dos servizos ao abonado), o RC Deportivo quere que o seu regreso a Primera División sexa tamén un exemplo de respecto, convivencia e comportamento responsable ante todas as afeccións.Por iso, protexer Marathon Inferior é tamén protexer o Deportivo. Unha zona correctamente ordenada, identificada e segura é unha zona máis forte e con maiores garantías de continuidade.O novo procedemento online permitirá ás persoas abonadas asinar dixitalmente a Declaración de Aceptación Expresa das Condicións Particulares do Abono de Marathon Inferior e achegar a documentación identificativa requirida. Unha vez validada pola Oficina de Atención ao Deportivismo, poderán completar a renovación e o pago polas canles habituais, a través da App ou da web oficial.O abono quedará inicialmente en estado "Pendiente de activación" ata que o titular acuda á Oficina de Atención ao Deportivista e presente o seu documento de identidade orixinal. Nese mesmo momento, se solicitou o abono físico, entregaráselle en man.Deste xeito, o Club facilita o proceso sen renunciar ás garantías necesarias. Mantense a comprobación presencial final como requisito imprescindible para a recollida do abono, pero permítese avanzar previamente na sinatura, no envío de documentación e no pago da renovación por vía online.O RC Deportivo agradece a comprensión, a colaboración e as achegas recibidas durante estes días. O propósito do Club é que os 4.000 abonados de Marathon Inferior estean no seu sitio desde o primeiro partido en Primera, formando parte dun ABANCA-RIAZOR cheo, forte e unido.¡Forza Dépor!

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...

Cuarta semana do DéporCampus; con actividade no Dépor Trainin...