
DÉPOR · 14 XULLO 2026
PRIMEIRO DÍA DE JONATHAN ASP JENSEN NO DÉPOR, CON DOBRE SESIÓN PARA OS NOSOS
Jonathan Asp Jensen adestrouse por primeira vez este martes 14 de xullo no Dépor Training Center.O danés completou con total normalidade as dúas sesións xunto ao resto dos seus compañeiros, que o recibiron antes de iniciar a quenda matinal cun cariñoso corredor de labazadas.O novo centrocampista blanquiazul converteuse na quinta fichaxe deportivista tras Teun Gijselhart, Leo Román, Bright Ed e Lorenzo Amatucci.Tamén se incorporaron Diego Gómez e Mohamed Bouldini despois de contar con uns días máis de permiso.Fernando Soriano, Director de Fútbol, admitiu en rolda de prensa que "estamos buscando unha saída definitiva para Moha".No caso de Diego Gómez, explica que "volveu no seu momento ao primeiro equipo. Saíu este ano ao Cartagena e ao Pontevedra. Os primeiros 6 meses non foron bos para el. Os segundos foron algo mellores. O noso Fabril está en Primera RFEF. Hai xogadores similares que si que van formar parte do cadro do Fabril. Con Diego estamos nese momento de decisión. A ver que pasa estes días".

Mella, Yeremay e Loureiro están con adestramento personalizado.Fernando Soriano confesa ao respecto que "xa sabiamos que o inicio ía ser algo máis lento. David Mella viña dunha cirurxía que, polo tema do ascenso, tivo unhas semanas sen demasiada rehabilitación. E Yere fixo un esforzo a temporada pasada. Este ano íase ir amodo con el. E leva un proceso razoable. Está en prazo. Hai unha progresión axeitada e estamos contentos".Bil, Noé, Samu, Kevin Sánchez e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.A sesión matinal consistiu fundamentalmente nun circuíto de forza, un xogo de posición e un partido; mentres que pola tarde, o traballo foi de carácter táctico.Este mércores 15 de xullo Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

O amigable do Infantil en Narón este martes 1 de setembro abr...

Sesión pospartido no Dépor Training Center cun agarimoso home...

Charlie Patiño, cedido esta temporada ao VfL Bochum

Aubameyang cre que a vitoria ante o Valencia CF "é moi import...

Ferrán Seco apuntala a defensa do Fabril

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...




