RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningún paso" e asegura que "temos unha base sólida"

DÉPOR · 15 XULLO 2026

FERNANDO SORIANO ADVIRTE QUE "NON IMOS PRECIPITARNOS EN NINGÚN PASO" E ASEGURA QUE "TEMOS UNHA BASE SÓLIDA"

Fernando Soriano subliñou aos medios de comunicación tras a presentación de Teun Gijselhart que "non imos precipitarnos en ningún paso. A medida que vaiamos incorporando xogadores e os vaiamos vendo iremos tomando decisións".Lembra que "o mercado empezou hai 14 días. Temos mes e medio por diante e non imos dar pasos precipitados. Temos unha base sólida; e a partir de aí somos profesionais, sabemos en que deporte estamos, a esixencia que hai. Sempre se intenta mellorar. Todo o que poidamos mellorar intentaremos facelo e é o camiño que levamos".Estas foron algunhas das súas frases:Proxecto en Primera División"A continuidade, o asentarnos, o medrar é a mentalidade que se está a instaurar neste Club. Tedes que ver os rapaces como están adestrando, como comezaron"."Aos xogadores explícaselles cara onde vai o Club, de onde vén, cara onde quere chegar. Fálaselles de Abegondo, da infraestrutura, de como está medrando, da estratexia a nivel de planificación, do importante que son para nós os rapaces e Abegondo. E por suposto refórzase moito a visibilidade da nosa afección, que é un valor moi importante para nós".Fichaxes"Tres máis van vir seguro. A partir de aí veremos ao longo da pretemporada".Dianteira: Morata, Ayoze, Fede Viñas..."Son xogadores moi interesantes todos. Algúns máis reais ca outros. Moitos dos nomes son dun nivel alto, do agrado de moitos de nós. Teñen que conxugar moitas cousas. Asinamos, dos 5 xogadores, bastante xuventude. O normal é que o que veña agora teña un pouco máis de experiencia"."A partir de aí teñen que entrar dentro do que buscamos no xogo; dentro do seu rendemento inmediato pasado; dentro desa experiencia; e callar dentro de, non diría ese liderado, pero si desa exemplaridade que buscamos. Con esta xente nova necesitamos xente como no seu momento Escudero, Lucas no seu momento, xente que demostran no día a día no traballo, no campo, ser profesional".Un ou dous dianteiros"En principio iremos con un e veremos ao longo da pretemporada. Confiamos moito en Bil e en Zaka. Bil deu un paso adiante. Está moi ben. E Zaka igual, deu un paso de mentalidade, físico..."Posicións para reforzar"Temos que facer unha planificación de cadro acorde ao plan estratéxico que ten o Club. E xa sabedes o importante que son para nós os rapaces. Non sabemos se o cadro será moi longo ou moi curto. Dependerá tamén de como quede o Fabril e dalgún destes xogadores. E a partir de aí decidiremos".Tope salarial"Non falamos de cifras pero é bastante máis alto ca o ano anterior. Depende de moitísimos factores. Hoxe é unha cifra, mañá é outra. Todas as incorporacións que facemos están aprobadas polo Consello de Administración, dentro da viabilidade futura do Club".Venda de algún xogador"Estamos perfectamente aliñados dentro do noso orzamento"."Nunca pensamos fichar para vender. Con isto non quero dicir que non se poida vender nun momento determinado se algo se vende. Non hai necesidade de vender ningún xogador para custear o investimento das fichaxes".Urxencia das fichaxes"Durante a pretemporada podemos ver cousas que, se economicamente estamos dentro do límite, podemos facer algún movemento. Non temos ningunha prioridade".Catro porteiros"Falouse xa con Eric Puerto no seu momento. A idea é que busquemos fóra minutos"."A competitividade é importante. O ano pasado estaba Eric, estaba Germán e estaba Álvaro. Estamos valorando a saída de Eric. E veu Leo. Catro magníficas persoas. O que buscamos é xerar un ambiente san, competitivo, de esixencia".Patiño"Estamos valorando a opción de que poida saír fóra para ter máis continuidade, máis minutos. Agora mesmo está adestrando moi ben. Ímolo ir vendo ao longo do mercado".Arnau Comas e Dani Barcia"É unha situación parecida".José Ángel"Reforzouse o centro do campo e veremos durante estes días a decisión que se toma".Teun Gijselhart"É un Villares. É un xogador móbil, con esa potencia, con esas arrancadas ofensivas e defensivas... Asemellaríao a Villares".