
DÉPOR · 16 XULLO 2026
ANTONIO HIDALGO AUMENTA A CARGA TÁCTICA NA PREPARACIÓN DO DÉPOR
O Dépor continúa avanzando na súa posta a punto para a temporada 2026-27 e, co paso dos adestramentos, Antonio Hidalgo segue incrementando a carga táctica nas sesións de traballo do primeiro equipo.A xornada deste xoves 16 de xullo comezou cunha activación no campo 3 do Dépor Training Center. Posteriormente, o cadro completou unha serie de rondos antes de afrontar un exercicio de carácter táctico e rematar cun partido no campo 2, nunha sesión orientada a seguir asimilando os conceptos de xogo do técnico branquiazul.

Á marxe do grupo, Yeremay, David Mella e Loureiro continuaron cos seus respectivos plans individualizados de adestramento dentro do proceso de posta a punto.Bil Nsongo, Noé Carrillo, Samu Fernández, Kevin Sánchez e o xuvenil Xabi Campos foron os canteiráns que participaron na sesión dirixida por Antonio Hidalgo.A preparación continuará este venres 17 de xullo co último adestramento antes da estrea do Dépor nos encontros de pretempada. O conxunto blanquiazul medirase o sábado 18 de xullo, ás 20:00 horas, á SD Compostela no Estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela, nun partido que se poderá seguir en directo a través da canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...




