
DÉPOR · 15 XULLO 2026
A OFICINA DE ATENCIÓN AO DEPORTIVISTA AMPLÍA O SEU HORARIO DURANTE A CAMPAÑA DE ABONADOS
Con motivo da campaña de abonados, o RC Deportivo amplía o horario de atención da Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) para facilitar a realización dos diferentes trámites e atender as consultas dos afeccionados blanquiazules.Dende este momento e durante o desenvolvemento da campaña, a OAD prestará servizo de luns a venres, en horario de 9:15 a 13:30 horas e de 15:00 a 18:00 horas.Como novidade, a Oficina de Atención ao Deportivista tamén abrirá as súas portas os sábados, ofrecendo atención presencial de 10:00 a 14:00 horas.Con esta ampliación de horarios, o Club busca ofrecer un mellor servizo aos seus abonados e facilitar a xestión de altas, renovacións e calquera outro trámite relacionado coa campaña de abonados.

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...