
DÉPOR ABANCA · 15 XULLO 2026
SOFÍA DOMÍNGUEZ, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA incorpora a Evelyn Sofía Domínguez Acuña (Buenos Aires, Arxentina, 16 de decembro de 2005), coñecida futbolisticamente como Sofía Domínguez, ata xuño de 2027, con opción de ampliar a súa vinculación co Club.A nova lateral dereito deportivista, que tamén pode actuar no centro do campo, chega procedente do FC Basel, onde a pasada tempada competiu na máxima categoría do fútbol suízo. Durante a campaña 2025-26 disputou 18 partidos de liga, nos que anotou 3 goles, ademais de participar en 5 encontros de Copa, competición na que volveu ver portería en tres ocasións.Antes de dar o salto ao fútbol europeo, Sofía Domínguez desenvolveu a súa carreira na Arxentina, vestindo as camisetas de dous dos clubs máis importantes do país, River Plate e Newell's Old Boys, onde continuou o seu crecemento como futbolista.A nova xogadora do Dépor ABANCA conta tamén con experiencia a nivel de seleccións. É internacional absoluta con Arxentina e formou parte da selección do seu país que disputou o Mundial sub-20, acumulando experiencia no máximo nivel do fútbol internacional.Da súa personalidade e xerarquía fala o dato de que sempre foi unha das destacadas nas categorías inferiores da 'albiceleste', nas que portou o brazalete de capitán.Coa súa incorporación, o Dépor ABANCA suma talento, calidade e proxección de cara á tempada 2026-27.

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...

Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu re...

Parte médico de Manu Serrano

O Dépor ABANCA - RCD Espanyol, fixado para o 27 de setembro á...

MGS Seguros e o RC Deportivo renovan o seu acordo de patrocin...