RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
MGS Seguros e o RC Deportivo renovan o seu acordo de patrocinio

DÉPOR · 8 SETEMBRO 2026

MGS SEGUROS E O RC DEPORTIVO RENOVAN O SEU ACORDO DE PATROCINIO

MGS Seguros e o RC Deportivo renovan o seu acordo de patrocinio para a temporada 2026-27, dando continuidade á relación iniciada a pasada campaña e reforzando o compromiso compartido de ambas as entidades co deporte e coa sociedade.A través desta renovación, MGS Seguros seguirá formando parte da familia de patrocinadores do Club, con presenza en diferentes activos do RC Deportivo e nas súas plataformas oficiais.O acordo dá continuidade a unha colaboración que une dúas entidades cun forte vínculo cos seus respectivos contornos e que comparten valores como o esforzo, a proximidade e o compromiso.MGS Seguros reforza así o seu apoio ao Club e ao deporte, dando continuidade a esta colaboración nunha temporada que será especialmente significativa para a compañía.