RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu regreso aos adestramentos

DÉPOR · 8 SETEMBRO 2026

SUAVE SESIÓN DE ACTIVACIÓN ESTE MARTES PARA O DÉPOR NO SEU REGRESO AOS ADESTRAMENTOS

O Dépor retomou este martes chuvioso de setembro os adestramentos no Dépor Training Center.Deste xeito, Os Nosos pasan páxina do partido en Villarreal, cuxos mellores momentos podes ver ao pé desta liña.

Real Club Deportivo de La Coruña

O cadro púxose mans á obra instalado na 5ª posición da táboa, pero sempre con humildade, sinxeleza, esforzo, traballo en equipo e compromiso.Eses valores forman parte da identidade do RC Deportivo e están sempre presentes no día a día de todos os estamentos e departamentos do Club.

villares0809.jpg

Con todo o cadro de xogadores sobre o céspede, Antonio Hidalgo dispuxo unha suave sesión que arrincou cunha activación.A continuación, houbo unha roda de pases e un exercicio de posición antes de pasar a unha tarefa física compensatoria destinada a aqueles futbolistas con menos minutos.Este mércores 9 de setembro, o Dépor adestrarase de novo ás 10:30 no Dépor Training Center para intensificar así a preparación do partido en Getafe deste domingo 13 de setembro ás 18:30 horas (Movistar LaLiga) no Coliseum.

  • casado0809.jpg
  • luismi0809.jpg
  • ferllo0809.jpg
  • hidalgo0809.jpg
  • teun0809.jpg