
DÉPOR FABRIL · 15 XULLO 2026
EL FABRIL XA SE ADESTRA NO CAMPO 4 DO DÉPOR TRAINING CENTER
El Fabril xa está en marcha. O filial deportivista iniciou este mércores 15 de xullo a pretemporada 2026-27 coa primeira sesión de traballo no Dépor Training Center, onde comezou a preparar unha temporada ilusionante en Primera Federación.Ás ordes de Manuel Pablo, o cadro blanquiazul deu o pistoletazo de saída a unha fase de preparación que servirá para asentar as bases físicas, tácticas e futbolísticas do equipo de cara ao inicio da competición.Tras lograr o ascenso o pasado curso, o Fabril afronta o novo reto co obxectivo de competir nunha categoría, a Primera Federación, de máxima esixencia, nunha pretemporada na que o corpo técnico irá incrementando progresivamente as cargas de traballo antes dos primeiros compromisos amigables.

Amistosos confirmadosO conxunto de Manuel Pablo xa ten 3 amigables de preparación confirmados.O calendario de pretemporada do Fabril é o seguinte:CD Lugo - Fabril, o sábado 1 de agosto ás 19:00 no Municipal de Pol (Lugo)Fabril - Real Madrid Castilla, o mércores 5 de agosto ás 19:00 no campo de Cantarrana (Viveiro)FC Astorga - Fabril, o sábado 8 de agosto ás 19:30 no campo de La Eragudina (Astorga)


Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...