
DÉPOR · 17 XULLO 2026
LEO ROMÁN, NA SÚA PRESENTACIÓN: "BUSCABA UN PROXECTO SÓLIDO, EQUILIBRADO E CON VISTAS AO FUTURO. CREO QUE O DÉPOR CUMPRE CON TODO ISO"
Leo Román Riquelme (Ibiza, 6 de xullo de 2000) foi presentado este mediodía como novo xogador branquiazul para as próximas 5 temporadas, até xuño de 2031.O novo porteiro branquiazul posou no campo Arsenio Iglesias para os medios gráficos coa súa nova camiseta.A continuación, na sala de prensa do Dépor Training Center, Fernando Soriano apuntou que "vén dar competitividade a esa portaría" e agradeceulle "a súa predisposición sempre por estar aquí con nós".

Pola súa banda, Leo Róman asegurou que a adaptación ao RC Deportivo "está sendo moi sinxela. Tamén é verdade que os compañeiros o están poñendo fácil, estánme arroupando moito e dende o principio estoume sentindo moi cómodo collendo o ritmo, collendo o que quere o míster. Estou moi contento de estar aquí".Confesa estar "súper agradecido" ao Dépor pola súa fichaxe e pola "confianza que depositaron en min. Agardo poder devolvela sobre o campo. A verdade é que foi un golpe enriba da mesa. Tiña moitas opcións e buscaba un proxecto sólido, equilibrado e con vistas ao futuro. Creo que o Dépor cumpre con todo iso. Quería agradecer a todos os clubs que se interesaron por min pero esta era a mellor opción para min".O gardameta deportivista subliña que na portaría "hai 3 bos compañeiros, 3 excelentes profesionais que o que van facer é subir o nivel da portaría. Veño achegar o meu gran de area, intentar sumar, competir ao máximo. Teño obxectivos grandes pero sempre dende o respecto e sabendo que a competencia é máxima. Logo decidirá o míster".

Leo Román admite que sente responsabilidade pero "non máis da que debo. Veño aquí para sumar, para dar o meu 100%, para achegar o que teño e poñelo á disposición do equipo e do club".Finalmente pensa que "se está facendo un cadro equilibrado. Igual aínda quedan xogadores por chegar. O Club vai nunha liña que a min me gusta, que é un cadro equilibrado entre xogadores novos, da canteira e outros con máis experiencia. É unha boa liña de traballo e oxalá que saia ben".

Primeiro amigable de preparación este sábado 18 de xullo no E...

Adriana Ranera, nova xogadora do Dépor ABANCA

Antonio Hidalgo aumenta a carga táctica na preparación do Dép...

A Oficina de Atención ao Deportivista amplía o seu horario du...

El Fabril xa se adestra no campo 4 do Dépor Training Center

Sofía Domínguez, nova xogadora do Dépor ABANCA