RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

O Xuvenil A adiántase pronto no marcador pero sufriu para empatar en Abegondo ante o Real Racing Club

Segundo empate consecutivo a 2-2 en liga para o Xuvenil A, esta vez en Abegondo ante un dos potentes, o Real Racing Club de Santander. 

Os branquiazuis adiantáronse rápido no marcador grazas a un gol de Hugo aos 12 minutos.

No entanto, os racinguistas reaccionaron con celeridade e déronlle a volta ao marcador con dous goles nos minutos 15 e 18.

A partir de aí tocou remar contra corrente até o 90, minuto no que Manu Ferreiro asina un empate ao cabo máis xusto a tenor do visto sobre o terreo de xogo. 

O encontro acabou de forma accidentada posto que nese minuto 90, o Xuvenil A sufriu a expulsión con vermella directa de Noé por protestar.

Con este resultado, o cadro deportivista é 9º na clasificación con 5 puntos.

Xuvenil A: Román, Álvaro, Hugo Torres, Vilela, Amin, Carreira, Mardones, Noé, Ayman, Hugo e Álex Delgado. Tamén xogaron: Manu Ferreiro, Carletto, Domínguez, Zoe e Guerrero.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Coruxo FC.

Os resultados até a data do Xuvenil A son os seguintes:

Veriña CF 1 - Xuvenil A 2 (Carreira e Hugo Villaverde)
Xuvenil A 3 (Domínguez, Mardones e Carreira) - SD Compostela 4
RC Celta 2 - Xuvenil A 2 (Álex Delgado e Domínguez)
Xuvenil A 2 (Hugo e Manu Ferreiro) - Real Racing Club 2