RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

Real Madrid, Valencia CF e Real Betis serán os posibles rivais na Final Four dun Xuvenil A "capacitado para pelexar contra calquera equipo"

O Dépor coñecerá este mércores 21 de maio ás 13:00 horas na sede da RFEF o seu rival nas semifinais da Copa de Campións xuvenil que se xogará en Ponferrada baixo o sistema de Final Four a partir do 28 de maio.

Ademais do Xuvenil A clasificáronse o Real Madrid, que apeou ao Athletic Club; o Real Betis, que superou á UD Las Palmas; e a Valencia CF, que eliminou ao FC Barcelona na quenda de penaltis.

Miguel Figueira, en rolda de prensa este mediodía en ABANCA-RIAZOR após eliminar ao CD Tenerife, subliñou que "vexo o que fan os rapaces día a día, vexo o que se fai en Abegondo, o que o Club nos achega en instalacións e iso déixache contento e tranquilo. Eu quero máis. A ambición está aí. Estou ilusionado, contentísimo por estar entre os 4 mellores de España pero é un momento de esixir máis aos xogadores porque están capacitados para pelexar contra calquera equipo. Veremos quen nos toca no sorteo".

Esta clasificación supón para o técnico deportivista "un premio grandísimo ao traballo. Quero máis", insistiu.