RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

O Dépor e o Real Betis buscan este xoves no Toralín a final da Copa de Campións xuvenil ante o Valencia CF

O Dépor e o Real Betis enfróntanse mañá xoves 29 de maio ás 20:00 horas (RFEF.es e redes sociais oficiais de @rfef) no Toralín de Ponferrada na primeira semifinal da Copa de Campións xuvenil que se xogará en segundo lugar.

O vencedor pasará a gran final do domingo 1 de xuño ás 12:00 no mesmo escenario ante o Valencia CF, que hoxe eliminou (1-2) ao Real Madrid CF na segunda semifinal.

Miguel Figueira asegura que "vexo aos meus xogadores adestrando ben, concienciados. E o corpo técnico está ilusionado, tranquilo porque o equipo está a adestrar ben".

Confesou en rolda de prensa que "a única preocupación é que os rapaces sexan capaces de dar o seu máximo nivel nun só partido".

O Xuvenil A adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo antes de partir a Ponferrada.

Pola súa banda, o Real Betis foi o campéon do grupo 4º con 85 puntos por 76 do Sevilla FC, 2º clasificado.

Nos cuartos de final, os béticos enfrontáronse á UD Las Palmas. Os verdibrancos gañaron en Gran Canaria por 1-3 e empataron en Sevilla (2-2).

Miguel Figueira admitiu que o Betis "poida ter unha pequena vantaxe porque participou nas últimas Final Four pero é certo que non gañou ningunha. Esperemos xogar con iso tamén aínda que sexamos inexpertos en ir á Final Four".