O Xuvenil A cae na trampa do Alondras e déixase 2 puntos no Morrazo
Un Alondras cuxo obxectivo é pelexar por evitar o descenso rabuñou un puntiño ante un Xuvenil A (1-1) que caeu na trampa dos futbolistas locais: xogo trabado, perdas de tempo... Todo co obxecto de romper o ritmo dos deportivistas.
Armas foi o autor do único tanto branquiazul neste partido correspondente á 11ª xornada no grupo 1º da División de Honra.
Con este marcador, o Xuvenil A suma 18 puntos na zona media-alta da clasificación.
Xuvenil A: Brea, Valín, Castrín, Iván, Juan, Prendes, Litos, Armas, Gonçalo, Julián e Íñigo. Tamén xogaron: Guillem, Óscar, Kilian e Álex.
O vindeiro domingo 18 de novembro (12:00), o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Bansander.
Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:
Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0 Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas) Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1 CD Colindres 1 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0 Lugo 2 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1 CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín) Xuvenil A 1 (César) - Celta 2 CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos) Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)