O Xuvenil A cede dous puntos en Nigrán ao quedar con dez xogadores
O Xuvenil A cedeu dous puntos no campo de Condomínguez de Nigrán ante o ED Val Miñor Nigrán (1-1), en partido correspondente á 13ª xornada no subgrupo A da División de Honra.
Noel puxo en vantaxe ao Xuvenil A aos 20 minutos de xogo; pero os pontevedreses lograron igualar o marcador aos 77 minutos cando os deportivistas estaban a xogar con 10 xogadores por expulsión da meta Brais, con dobre cartón amarelo.
Con este resultado, o Xuvenil A é segundo na táboa con 27 puntos e un partido menos xogado. O líder é o RC Celta con 28 e dous partidos menos.
Xuvenil A: Brais, Víctor Guerra, Mauro, Nico, Dani Barcia, Brais Val, Nájera, Raúl, Noel, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Mella, Adrián, Trilli e Quique Teijo.
A próxima semana toca #ONOSODERBI no máis alto en Abegondo ante o RC Celta, decisivo para o desenlace final desta primeira parte do campionato.
Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:
CD Lugo 3 - Xuvenil A 0 Xuvenil A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD Calasanz 1 CD Conxo Santiago 1 - Xuvenil A 1 (Padín) Xuvenil A 2 (Peke -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0 RC Celta 1 - Xuvenil A 2 (Peke e Do Carmo) Xuvenil A 3 (Mario, Do Carmo e Nájera) - CD Choco 1 Racing de Ferrol 1 - Xuvenil A 1 (Noel) Pabellón Ourense CF 2 - Xuvenil A 3 (Canales, Dani Barcia e un futbolista rival en propia meta) Xuvenil A 5 (Peke -2-, Nájera, Urdiales e Padín) - Ural Español CF 0 Xuvenil A 3 (Yeremay 'Peke', Raúl e Urdiales) - CD Lugo 0 CD Calasanz 0 - Xuvenil A 4 (Dani Barcia, Nájera, Noel e Urdiales) Xuvenil A - CD Conxo Santiago, aprazado ED Val Miñor Nigrán 1 - Xuvenil A 1 (Noel)