RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A estreouse en pretemporada con triunfo en Tordoia nun partido que abre o calendario da fin de semana en ANOSACANTEIRA

#ANOSACANTEIRA vai collendo ritmo nesta pretemporada. Ao Fabril e Xuvenil A, xa adestrando desde hai uns días, sumóuselle esta semana o Xuvenil B de Liga Nacional, o Deportivo ABANCA B de Primera Nacional e o Cadete de División de Honra.

Esta semana están previstos 4 partidos amigables repartidos entre o Fabril, Xuvenil A e o Benxamín A, este último coa disputa da gran final do Mini Teresa Herrera mañá sábado 5 de agosto ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR (metade do campo máis próxima á bancada de Pavillón).

Hoxe venres, o Xuvenil A (na foto da  noticia) estreouse en pretemporada cun triunfo (1-4) ante a SD Tordoia de Primera Autonómica. Carreira -2-, Ayman e Rubén foron os goleadores branquiazuis.

Mañá sábado, ademais da citada final do Mini Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR para o Benxamín A, o Fabril recibe no campo 4 de Abegondo (11:00 horas) ao Bergantiños CF, tamén de Tercera RFEF.

Óscar Gilsanz non poderá contar cos canteiráns que se adestran co primeiro equipo estes días, caso de Brais Val, Kevin, Fernando Somolinos, Álvaro Santamaría, Martín Ochoa e Tim Caroutas; nin con Matías Castillo, tocado.

O calendario de partidos desta semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
FABRIL 2 (Vilela e un futbolista rival en propia meta) - UD PAIOSACO H. AÑÓN (Terceira RFEF) 0
FABRIL - BERGANTIÑOS CF (Tercera RFEF), mañá sábado 5 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría xuvenil
SD TORDOIA (Primera Autonómica) 1 - XUVENIL A 4 (Ayman, Carreira -2- e Rubén)

Categoría benjamín
Mini Trofeo Teresa Herrera, final: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, mañá sábado 5 de agosto ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR (metade de campo ao lado de Pavillón)