RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A gana ao ED Val Miñor Nigrán e recorta diferenzas co líder

O Xuvenil A, con dous goles en cada tempo, venceu (4-0) ao ED Val Miñor Nigrán en Abegondo en partido correspondente á 13ª xornada na División de Honra.

Diego Gómez -2-, Jairo e Padín foron os goleadores do equipo dirixido por Manuel Pablo.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 32 puntos e, unido ao empate do líder, o RC Celta, ante o CD Covadonga (1-1), fai que a cabeza da táboa, en poder dos celestes con 35 puntos, quede só a tres puntos.

Xuvenil A: Hugo Ríos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Seydiba, Manu Rivas, Rubén, Garaboa, Diego Gómez, Pablo Trigo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Álex González, Nacho, Hugo Baldomar, Mato e Mario Vázquez.

A próxima fin de semana, en vésperas de visitar ao Maccabi Haifa no partido de volta da segunda eliminatoria da UEFA Youth League (mércores 8 de decembro ás 16:00 horas en Israel), o vixente campión de España medirase na Coruña ao Ural Español CF.

Os resultados do Xuvenil A até a data en liga son os seguintes:

Real Oviedo 2 - Xuvenil A 2 (Urdiales e Nájera)
Xuvenil A 2 (Diego Gómez e Hugo Baldomar) - CD Bezana 0
Xuvenil A 6 (Martín Ochoa -4-, Hugo Baldomar e Garaboa) - CD Covadonga 1
Real Avilés CF 1 - Xuvenil A 2 (Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 5 (Pablo Trigo -3-, Álex González e Nacho) - Pabellón Ourense CF 0
CD Lugo 0 - Xuvenil A 1 (Pablo Trigo)
Xuvenil A 2 (Pablo Trigo e Mella) - Pontevedra CF 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 2 (Diego e Hugo Baldomar)
Xuvenil A 3 (Pablo Trigo, Quique Teijo e Diego) - CD Marina Sport 0
Sporting de Gijón 3 - Xuvenil A 3 (Rubén e Pablo Trigo -2-)
Xuvenil A 6 (Diego -3-, Mato -2- e Álex González) - CD Arenal 1
RC Celta 2 - Xuvenil A 1 (Nacho)
Xuvenil A 4 (Diego Gómez -2-, Jairo e Padín) - ED Val Miñor Nigrán 0