RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Xuvenil A golea ao Danok Bat (0-3) e sela o seu pase á segunda rolda da Copa de España

Significativo que o Deportivo, terceiro clasificado do grupo I da División de Honra, que engloba a Galicia, Asturias, León e Cantabria, golee no seu propio campo ao Danok Bat, terceiro clasificado do grupo vasco, e máis concretamente club de Bilbao, un vi

Nun abarrotado campo de Mallona, a pesar de ser ao cinco da tarde, a hora do fútbol e, por exemplo, a hora na que o Athletic Club xogaba en Huelva ante o Recreativo, o Deportivo deixou selado o seu pase á segunda rolda da Copa de España cun 0-3 significativo da superioridade galega. O choque de volta, pendente de confirmación pero presumiblemente o vindeiro domingo ao cinco da tarde no Mundo do Fútbol, debe de ser un mero trámite. Louro, en dúas ocasións, e Dani Bea foron os goleadores.
José Luís Devesa aliñou de inicio a: Alberto, Seoane, Marcos Caridade, Sergio Benito, Raúl, Juan, Javi Redondo, Louro, Capelo, Dani Bea e Dani. Tamén xogaron: Víctor, Peralta, Carmona e Añón.
Pola súa banda, no Campionato Galego de fútbol sete, o Alevín A impúxose ao Conxo (1-5) e deixa tamén certificado, a falta do partido de volta, o seu pase á seguinte rolda, na que agardará presumiblemente a Vitoria, que hoxe gañou (3-5) ao Atlético Arteixo. A Vitoria foi curiosamente o equipo que arrebatou o título da liga Local de fútbol sete ao Alevín A.