RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira, que se incorpora ao Dépor ABANCA o 25 de xullo, despediuse da Eurocopa ante Bélxica

Inês Pereira mediuse a Bélxica no último partido de Portugal na Primera Fase da Eurocopa.

O choque foi para as belgas por 1-2, resultado que deixa fóra da competición ás portuguesas.

A gardameta do Dépor ABANCA, do mesmo xeito que sucedeu no segundo partido ante Italia, seguiu o choque desde o banco.

Inês Pereira si foi titular no primeiro partido do torneo, que acabou con vitoria de España por 5-0.
 
Os resultados de Portugal nesta fase final da Eurocopa foron os seguintes:

Xoves 3 de xullo
ESPAÑA 5 - PORTUGAL 0

Luns 7 de xullo
PORTUGAL 1 - ITALIA 1

Venres 11 de xullo
PORTUGAL 1 - BÉLXICA 2

Inês Pereira terá uns días de vacacións antes de incorporarse ao Dépor ABANCA. A internacional deportivista comezará a adestrar o venres 25 de xullo. O resto das súas compañeiras, excepto as tamén internacionais na Copa América Michi Apóstol e Espe Pizarro, arrincan este luns 14 a pretemporada.