RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor pecha a primeira semana de pretemporada nunha sesión na que xa participou Luismi Cruz

Fin á primeira semana de traballo do Dépor. Os Nosos gozarán este domingo 13 de xullo do primeiro día de descanso desde que arrincou a pretemporada, o pasado 7 de xullo.

A novidade na sesión foi a presenza de Luismi Cruz. Confirmado onte venres pola tarde a súa fichaxe, o extremo gaditano realizou cos seus novos compañeiros a primeira parte da sesión, consistente nunha activación e uns rondos, antes de continuar co seu plan de readaptación ao ritmo do grupo.

Antonio Hidalgo dispuxo esta mañá un partido once contra once a todo o campo 2 con dous tempos de 25 minutos.

Jose Ángel, Arnau Comas e Barbero estiveron con adestramento personalizado. 

Os Nosos regresan a Abegondo este luns 14 de xullo ás 10:30 para iniciar a segunda semana de pretemporada.