RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A non foi capaz de sacar proveito do gol temperán de Kevin ante o Sporting de Gijón

O Xuvenil A non foi capaz de aproveitar o gol temperán de Kevin, aos 2 minutos de xogo, e deixouse 2 puntos ante o Sporting de Gijón (1-1) en partido correspondente á 4ª xornada na División de Honra.

Os xixoneses, véndose por detrás no marcador axiña que, empuxaron até lograr a igualada no minuto 90, cando todo parecía indicar que os puntos quedaban en Abegondo.

Así pois, segundo empate consecutivo do equipo que prepara Manuel Pablo en la Ciudad Deportiva tralo da 2ª xornada ante o Atlético Perines, tamén a un gol.

Con este marcador ante o Sporting, o Xuvenil A suma 8 puntos na zona alta da clasificación.

Xuvenil A: Lemos, Álvaro, Manu Berrocal, Seydiba, Vilela, Carlos, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Montero e Hugo. Tamén xogaron: Martiño, Ogando, Carreira, Pedro e Álex Delgado.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita á SD Compostela.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1