RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A - Real Oviedo da penúltima xornada da División de Honra, retransmitido en directo por YouTube

O partido entre o Xuvenil A e o Real Oviedo, correspondente á 29ª xornada (penúltima) na División de Honra, previsto para este domingo 27 de abril ás 16:30, será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Os branquiazuis chegan a cítaa líderes do grupo con 69 puntos por 68 do RC Celta, que á mesma hora visita en Redondela ao CD Choco.

Os ovetenses, que non se xogan nada xa, son un equipo da zona alta da táboa, posto que ocupan a 4ª posición con 54 puntos.

Na primeira volta disputada no Requexón entre ambos os conxuntos o pasado 8 de decembro de 2024 (14ª xornada) venceron Os Nosos por 0-4 con goles de Íker Fernández, Álvaro, Rubén e Lucas.

Na última xornada da División de Honra, tamén en horario unificado, o Xuvenil A xoga en Nigrán ante o ED Val Miñor e os célticos reciben na Madroa ao CD Covadonga.