RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A supera ao Alondras e achégase ao liderado

O Xuvenil A superou a un batallador Alondras (3-2) en partido pertencente á 20ª xornada no grupo 1º da División de Honra. Boedo, Sito e Carracedo foron os autores dos goles branquiazuis nun entretido choque.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 46 puntos e sitúase a tan só 1 punto do liderado, en mans do Sporting de Gijón con 47 puntos. Os xixoneses empataron en Vigo ante o Celta (2-2).

Xuvenil A: Brea, Carracedo, Jiménez, Mujaid, Parga, Joel, Sito, Sebas, Boedo, Ortuño e Porrúa. Tamén xogaron: Sandá, Rojo e Antón.

A vindeira fin de semana, o Xuvenil A visita ao Bansander.

Os resultados até a data do Xuvenil A foron os seguintes:

Xuvenil A 2 (Pedro e Sebas) - Racing de Santander 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Llano 2000 1 - Xuvenil A 1 (Iago Parga)
Xuvenil A 6 (Mosquera -3-, Ortuño, Sebas e Sito) - Racing Villalbés 1
Alondras 0 - Xuvenil A 4 (Manu, Ortuño e Sebas -2-)
Xuvenil A 2 (Mosquera e Javi Sandá) - Bansander 1
Pontevedra 1 - Xuvenil A 1 (Sito)
Xuvenil A 6 (Sito, Joel, Manu Mosquera, Porrúa e Pedro -2-) - Santiago de Compostela 1
Lugo 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Kilian) - Areosa 0
Sporting de Gijón 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - Celta 2
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 3 (Manu, Porrúa e Boedo)
Xuvenil A 3 (Loren, Antón e Porrúa) - Roces 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 2 (Javi Sandá e Porrúa)
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 1 (Kilian)
Xuvenil A 3 (Pedro -2- e Sito) - Oviedo 0
Xuvenil A 4 (Ortuño -2-, Boedo e Rojo) - Llano 2000 0
Racing Villalbés 0 - Xuvenil A 4 (Sito, Ortuño, Joel e Parga)
Xuvenil A 3 (Boedo, Sito e Carracedo) - Alondras 2