Do mesmo xeito que nas dúas anteriores eliminatorias, esta rolda será a partido único e xogarase nas instalacións do equipo levantino, cuxa bóla foi extraída en primeiro lugar no sorteo realizado o pasado 26 de xaneiro na sede da RFEF en Las Rozas (Madrid).
Mentres que o Xuvenil A marcha na 3ª posición do grupo 1º da División de Honra con 47 puntos en 20 partidos disputados, o Villarreal CF tamén é 3º do grupo 7º con 46 puntos nos mesmos encontros xogados.
En Copa do Rei, os castellonencos apearon na primeira eliminatoria ao RCD Espanyol (3-0) e en oitavos de final ao CD Tenerife (1-2).
Pola súa banda, o conxunto de Manuel Pablo superou ao RC Celta (2-1) e ao Atlético de Madrid (3-2), ambos os casos en Abegondo.
Ambos os equipos chegan ao partido de mañá após gañar en liga esta pasada fin de semana nos seus respectivos campos: o Xuvenil A ao SD Compostela (2-1) e o Villarreal CF ao CD Toledo (6-0).
O Xuvenil A viaxa esta mesma mañá en avión a Valencia e adestrarase pola tarde, ás 18:00 horas, no campo 5 da Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza.
Manuel Pablo leva a Martín Ochoa e Diego Gómez, futbolistas que están en dinámica do Fabril, e ademais a estes xogadores: Lemos, Hugo Baldomar, Carreira, Mardones, Seydiba, Garaboa, Noah, Quique Teijo, Vilela, Hugo, Manu Berrocal, Rubén, Álex Delgado, Montero, Kevin, Xavi, Manu Ferreiro e Evan.
O cadro de emparellamentos dos cuartos de final de Copa é o seguinte:
Málaga CF - Real Madrid CF Villarreal CF - RC Deportivo UD Las Palmas - UD Almería Sporting de Gijón - Athletic Club
Os equipos vencedores accederán a unha Final Four que se celebrará o próximo mes de marzo.