RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B maniató ao CD Lugo B e tróuxose os tres puntos da Cheda

- Foto: @CDLugo_FB -

O Xuvenil B impúxose na Cheda (0-2) ao CD Lugo B grazas aos goles de Martín Ochoa e Embid, un en cada tempo; en partido da xornada 5ª.

Os futbolistas branquiazuis maniataron a un rival directo e trouxéronse tres valiosos puntos que o sitúan, con 9, na segunda praza do subgrupo A da Liga Nacional, igualado a puntos aínda que cun partido menos que os lucenses; e dous menos que a SD Compostela, líder provisional con 12 puntos.

Xuvenil B: Ríos, Carlos Rodríguez, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Canales, Embid, Martín Ochoa, Diego Gómez e Álex González. Tamén xogaron: Roque, Hugo Baldomar, Nacho e Trigo.

Este xoves 8 de decembro, día festivo, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao EF Lalín (11:00, campo 3), en partido correspondente á 2ª xornada que foi aprazado o pasado 14 de novembro por un caso positivo de COVID-19 no conxunto dezano.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B - EF Lalín, o martes 8 de decembro ás 11:00 en Abegondo
SD O Val - Xuvenil B, o mércores 16 de decembro ás 17:30 no campo do Sinde
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)